
O FESTIVAL
Un festival deseñado en clave de territorio e
identidade,
O Ou Yeah! Festival non é simplemente un ciclo de concertos: é unhadeclaración de intencións. Nace coa ambición de reivindicar o papel da provincia de Ourense como un espazo central no mapa cultural, turístico e musical galego, a través dunha gastronomía, identidade e impacto territorial.
Ou Yeah! ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual. Desde o folk-rock ata o rock progresivo, pasando polo indie-pop ou o pop-rock, o festival traza unha liña común que permite crear pontes entre xeracións, estilos e públicos, fuxindo da nostalxia sen renunciar á memoria musical colectiva.
Ou Yeah! é, por tanto, unha iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo.