OURENSE
SÁBADO 12 XULLO
EXPLANADA EXPOURENSE
THE WATERBOYS
MORGAN
ESCUCHANDO ELEFANTES
TESOURO
CELANOVA
SÁBADO 23 AGOSTO
CLAUSTRO MOSTEIRO
SAN SALVADOR
SÉS
XINZO DE LIMIA
SÁBADO 6 SETEMBRO
ALAMEDA DO TOURAL
LA GUARDIA
HABITACIÓN VUDÚ
OURENSE
SÁBADO 11 OUTUBRO
PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ
JETHRO TULL
O FESTIVAL
Un festival deseñado en clave de territorio e
identidade,
O Ou Yeah! Festival non é simplemente un ciclo de concertos: é unhadeclaración de intencións. Nace coa ambición de reivindicar o papel da provincia de Ourense como un espazo central no mapa cultural, turístico e musical galego, a través dunha gastronomía, identidade e impacto territorial.
Ou Yeah! ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual. Desde o folk-rock ata o rock progresivo, pasando polo indie-pop ou o pop-rock, o festival traza unha liña común que permite crear pontes entre xeracións, estilos e públicos, fuxindo da nostalxia sen renunciar á memoria musical colectiva.
Ou Yeah! é, por tanto, unha iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo.
GASTRONOMÍA
O festival non é só música.
Un dos seus sinais de identidade é a integración da gastronomía como parte esencial
da programación artística, grazas á colaboración coa asociación Cociña Ourense.
Esta rede de cociñeiros e cociñeiras emprendedores gastronómicos de toda a
provincia é tratada como un elenco máis de artistas, ofrecendo experiencias culinarias
contemporáneas, identitarias e de quilómetro cero.




